quinta-feira, 3 de fevereiro de 2011

"V Encontro Milpedras" 04.02.2011



---------- Forwarded message ----------
From: Milpedras <eventos@milpedras.com>
Date: 2011/1/27
Subject: "V Encontro Milpedras" 04.02.2011
To:


"Encontros Milpedras" nacen como un espazo de comunicación natural entre diversas artes, unindo os seus camiños nun fluxo simultáneo onde os espectadores e participantes poden aproveitar a enerxía de varios artistas compartida nun mesmo lugar e momento, o taller de litografía milpedras, situado na rúa brasil, nº 3, baixo, da coruña.

a idea ven do traballo común de escritores, músicos e artistas plásticos e visuais que queren comunicarse entre si e co público sen intermediarios, aumentando o coñecemento e o diálogo libre entre as diferentes disciplinas artísticas, e ofrecendo ao público interesado unha experiencia nova e enriquecedora.


esta "V edición" conta con:

na parte poética:
Yolanda Castaño, Enma Couceiro, Berta Dávila e Enma Pedreira 

apartado músical: Álvaro Muras

creación fotografica: Begoña Pastoriza

duración: 1:10 h
entrada: de balde

lugar:
milpedras, taller de litografía
rúa brasil,3 baixo
15009
a coruña

-- 
  C/ brasil,3 bajo  15009 A Coruña  tel/fax 881 926 698  móvil 693 770 719  www.milpedras.com  info@milpedras.com

     

Nenhum comentário: