sábado, 16 de abril de 2011

Exposición Milpedras en Colaboracion Alexandre Bóbeda: "Tánxer" de Manoel Bonabal

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que o vindeiro xoves 7 de abril en colaboración co Taller de gravado e galeria Milpedras, terá lugar a inauguración dunha exposición de gravado a cargo de Manoel Bonaval.

A inauguración será ás 20:30 h, no salón de actos da asociación.

A exposición permanecerá aberta até o 30 de abril.


Manoel Bonabal naceu en Santiago de Compostela o 29 de novembro de 1.961.Estudou na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo da súa cidade e complementou a súa formación no estudio de escultura do seu pai Manuel Barreiro Moratalla.

Entre os anos 2.007 a 2010 imparte talleres de Mail Art (arte postal) e promove as convocatorias e súas  exposicións (a IV edición realizada no Centro Galego de Arte Contemporáneo).
(Opten o 1ºpremio de votación popular no I Roteiro de Creación Contemp. -Santiago de Comp.) Estancia becada no Museo de Arte contemporánea da Bienal de Cerveira (Portugal)  para a realizar no seu taller a obra"O Bicho"(Ravar). Dedícase profesionalmente a pintura e gravado, súa laboura artística desenvólvese dende fai máis de vinte anos especialmente na Arte Postal. Compoñente do grupo Ravar (constituído por artistas do gravado)


Nenhum comentário: